SÍNTESE VIGO
Festival independiente de danza e performance

 II Edición 2,3 e 4 de outubro de 2025

 

Unha cidade
conectada 
co corpo artístico 
  
 

Síntese Vigo é un festival de danza e performance que conecta coa arquitectura e os cidadáns. Unha experiencia enriquecedora e transformadora.

 

O festival de danza e performance sintetiza á cidade e por outro banda a sente.

A identidade dun lugar está inetrrelacionada coa ocupación dos corpos nos espazos públicos, na arquitectura que a define ao longo da sua propia historia. Pretendemos ocupar os lugares públicos desde unha perspectiva artística.

O festival está deseñado para combinar teatros e salas con espazos singulares, museos, edificios históricos, ou prazas para atraer e formar públicos.

O festival contará coa participación de propostas de danza e performance nacional e internacional.  Coa intención xenuina de crear pontes entre Galicia e Portugal, sendo Vigo a porta e o punto de encontro entre artistas, pensamento e comunidade. 

 

 

 


 

Tres días de danza e performance na cidade

 

Foron tres días de danza, performances, encontro profesional e o taller tanto para profesionais como para público familiar.A asistencia ao festival superou as espectativas, e estamos moi contentas por ter apostado por este formato en Vigo, xa que tuvo moi boa acollida. O gran esforzo que fixemos e a inversión, deron resulatdos positivos en público, interés creado e visibilidade. Tres obxectivos do procxecto. Pensamos que os nosos contactos e a experiencia nesta cidade tamén influiron neste resultado. 

O festival tivo repercusión mediática, algo que tamén é difícl nunha cidade como Vigo, grazas a programación variada e de calidade. Poidemos ver bailar o solo "Lo que queda" de Chevi Muraday, estrea en Galicia, nun formato especial para o festival, dentro do museo Marco. Contamos co documental “Linha de Fuga” de Marta Blanco, artista que abre este ano o festival do mesmo nome de Coimbra. Acacia Ojea, unha artista multidiscplinar vinculada á cidade, a performer Cris Balboa e Larumbe Danza, de Coslada foron as outras propostas. 

O encontro Portugal-Vigo estivo liderado por Alastair Luke, co director con Magda Henríqes, do proxecto “Carreiors para futuros ancestrais” de Paredes de Coura. A idea é comenzar esta ponte entre Portugal e Vigo. 

Agadecidas tamén por contar coa colaboración de diferentes estructuras, públicas e privadas, como a Deputación de Pontevedra, o museo Marco, a ESAD, Teatro Ensalle e o proxecto privado Teatro Permanente, que apoiaron en cesión de espazos e en produción. 

Galería

Síntese Vigo 2025

Artistas e programa

Cris Balboa

SINTE

Xoves 2 de outubro. 21.30h Teatro Permanente. Vigo

Sinte é a terceira parte do que considero a miña etapa musico-festiva, asociada á música electrónica e ao sintetizador Roland.Sinte é a irmán aventurera, rebelde e punk, que quere desdibuxar os límites entre unha actuación musical, un concerto, unha festa, un territorio descoñecido de hibridacións, onde compartir a miña pasión da palabra e a música.

 

 

 

 

Chevi Muraday

LO QUE QUEDA. Baixo a paciencia da Lúa
Un só de danza
Compañía LOSDEDAE · España

Sábado 4 de outubro. 19.00h Museo Marco

Con motivo dos seus 30 anos de traxectoria, LOSDEDAE, unha das compañías independentes máis lonxevas e radicalmente honestas da escena contemporánea española, presenta esta obra como unha viaxe íntima e poética polos ciclos vitais do corpo creador.

 

 

 

Acacia Ojea

ACCIÓN

Venres 3 de outubro ás 20.30h na Praza da Pedra. Vigo

Acción é unha reflexión sobre o aillamento e a intensificación emocional da escoita. Como un intento de inmersión dentro das distintas reaccións humanas xeradas pola música ou calquer elemento sonoro que se escoite con antelación. Detalle de foto Arancha Brandón

 

 

 

 

 

 

Larumbe danza

Sábado 4 de outubro de 12.00 a 13.0h

 en Teatro Permanente. Vigo

Taller para públioc familiar

de 12-00 a 13.00h Espazo Évame Oroza

Praza dos Abanicos(por do sol)

13.30h El sususrro del tiempo

Teatro Permanente

 

Entrada de balde/inversa

 

 

 

Ensaio fílmico "Linha de fuga"

O documental de Marta Blanco é unha inmersión no festival de performance en Coimbra "Linha de fuga".

Venres 3 de outubro

18.00h Teatro Permanente. Rúa Abeleriras Menéndez, 7. Vigo

Sábado 4 de outubro

17.00h museo Marco, rúa de Príncipe. Vigo

Entrada de balde/inversa

 

 

 

 

Taller de danza

ESAD ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA. VIGO.  

Taller coreográfico bailarín e coreógrafo Chevi Muraday.

Xoves 2 e venres 3 de octubro.

Mañá: de 11.00 a 13.00h Tarde: de 16.30 a 18.30h

PREZO:taller mañá ou tarde: 80€

2 talleres: 120€

 

 

 

 

 

 

 

ENCONTRO PORTUGAL E VIGO

Presentación de proxectos de danza e performance en espazos públicos

Síntese Vigo

Síntese Vigo, organiza un encontro con diferentes estruturas culturais das artes vivas relacionadas con Vigo e con Portugal. Presentamos proxectos onde o discurso parte da reflexión comunitaria, que aportan ben social e artístico aos lugares onde ocurren e e que teñen transcendencia más alá das súas fronteiras. Un espazo para o encontro, as inquedanzas e necesidades artísticas e reflexivas do movemento das artes vivas. Crear unha ponte de información entre Portugal e Vigo como eixo principal do festival Síntese Vigo, a porta de Portugal. 

 

 

Carreiros para futuros ancestrais

Micro ações democráticas através de práticas artísticas e culturais, num vale do Minho
é um projeto localizado no lugar de Carreiros, freguesia de Ferreira, Paredes de Coura, na região do Alto Minho no norte de Portugal, que fomenta micro ações democráticas através de práticas artísticas e culturais.

 

Síntese Vigo 2024 Zona Bouzas 

Experiencia de  festival  que mostra o  carácter aberto, para conectar artistas, público e cidade

Festival en colaboración co colectivo Gorrilla

Vídeo Alberto Lozano / Música Acacia Ojea / Idea orixinlal Cristina Cameselle

Mecenas e cómplices

Conseguimos o obxectivo de Verkami!!!! moitas grazas!! Por un Vigo cultural plural

Buscamos mecenas e cómplices e pronto lanzamos unha campaña de crowdfunding. 

 

©  Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.