
Festival multidisciplinar de artes performativas
Síntese é un proxecto de festival de danza e performance para outubro do 2026. Previamente estamos organizamos accións coa intención de experimentar o que será no futuro próximo. Estamos en fase de apoios de finanzamento.
Site specific
Convidaránse artistas para crear unha performance que responda directamente o espazo arquitectónico, integrando elementos da paisaxe urbana ou da historia local para que os habitantes sentan reflectidos na obra.
Derivas artísticas
Crearemos roteiros que combinen a danza e a arquitectura, permitindo que os asistentes vivan unha experiencia de descubrimento do barrio a través do movemento. Isto pode incluír desde performances en prazas, patios e parques ata interaccións no interior de edificios emblemáticos.
Públicos
Crearánse actividades de formación para os habitantes da cidade. Isto pode incluír desde clases de danza accesibles ata talleres sobre apreciación da danza e a arte contemporáneo, facendo énfase en como estes se conectan coa súa contorna e a súa vida cotiá.
Artistas
Promocionar encontros artísticos de profesionais, como mesas de traballo ou showcases, onde os artistas poidan compartir ideas e experiencias, creando unha plataforma de networking.
Síntese 2026
Propoñemos unha estrutura de festival que chegue ao público sen esquecer a oportunidade de encontros artíticos galegos e internacionais.
Tempada de danza nos teatros
O festival pretende orquestar unha programación de danza para crear unha tempada de danza na cidade. Cada espazo programará según o seu propio estilo, axustando as datas para non coincidir entre eles. O festival será altavoz desta programación.
Danza nos espazos públicos
A exhibición de danza en espazos públicos, con site specif ou con espactáculos de rúa, da visibilidade ao festival. É posible chegar ao público fácilmente.
Poden ser en lugares arquitectónicos interesantes ou en museos, como o Museo do Mar.
Encontro Galicia, Portugal e outros
Síntese pódese converter nun ponto de encontro para artistas galegos con outros artistas de Portugal e internacionáis. Sería unha data fixa para mostrar o talento galego e tamén coñecer o que acontece noutras fronteiras, sendo a cidade de Porto o primeiro socio. Estamos en conversas para iniciar este ponto de encontro en outubro de 2026
Formación de públicos
A mediación entre artistas e público é unha necesidade de cualquier iniciativa que se pretenda facer. Con accións simples en colexios e institutos, estaríamos presentes na formación de público xuvenil e infantil. Crear públicos hoxe significa crear público futuro.
Talleres de danza internacional
A formación profesional é unha das propostas do festival. Abastecer de novas ferramentas e lingoaxes aos profesionáis galegos fará mellorar a oferta nos próximos anos. A formación profesional é un incentivo para o sector.
Premio de público e fotográfico
A convocatoria para crear un premio de público para os espectáculos é un aliciente para a participación dos ciudadáns. Como tamén a de otorgar un premio fotográfico para quen capte as mellores imáxenes dos espectáculos exteriores.