Creación contemporánea
Voar e Pegada Fonda foron creadas entre Melgaço, Ribadavia e Vigo por artistas galegas en 2026. O festival Síntese apoia á creación coas residencias artísticas que se desenvolven no espazo propio A Garagem, situado en Cassais, Melgaço, Portugal.
Praza de Abastos - Oia
Sábado 28 de outbro de 2026
20.30h - Entada de balde - Para todos os públicos
20.30h Voar - Pegada Fonda
21.15h Coloquio

Voar
Larraitz Urruzola
Voar é unha performance resultado da residencia artística en Melgaço, no espazo a Garagem. É unha peza escénica creada por Larraitz Urruzola e Cristina Cameselle. Quixemos poñer o corpo artístico no centro como un acto político de aceptación da diversidade da beleza e da capacidade de adaptación e transformación femenina.
Un xogo performativo inspirado nas linguaxes da danza e os títeres, unha acción poética onde o corpo se amosa sen prexuizos, movéndose libre no espazo, reaccionando a estímulos efémeros, ancestrais, a luz, as sombras, os sons e a necesidade vital por danzar. Unha peza poética que mistura tradición, natureza e feminismo.
Foto:Manuel Silva

Pegada Fonda
Ana García e Emma Cruz
Beleza, diversidade e territorio. Este é o comenzo dunha performance de investigación realizada por Ana García, Emma Cruz e Cristina Cameselle durante o 2026 na Garagem, espazo de residencias artísticas do festival Síntese. O xogo foi o principal motor deste proxecto e a liberdade que supón unha creación artística. Sen máis marcos que estas palabras, os movimentos e as experiencias vividas durante a residencia, Pegada Fonda pon enriba do escenario preguntas sobre a identidade e os prexuicios. Todo esto influido pola experiencia compartida entre Vigo, Ribadavia e Melgaço e polo lugar onde foi creada, A Garagem, un edificio que desde os anos 50 ate os 70 foi lugar de encontro dos veciños e de miles de historias ao redor do contrabando da época.
Foto: Nando Iglesias
III Festival internacional de danza e performance 2026
VIGO e Oia
Janet Novás, Andrés Corchero, Alejandra Balboa, Nermin Salepsi, Elsa Pereiro, Marcia Vázquez, Larrairz Urruzola, Ana García, Emma Cruz e Pak Ndjamena
Do 25 ao 27 de setembro - Vigo
Do 2 ao 4 de outubro - Vigo
Do 9 ao 11 de outubro - Vigo
Sábado 24 de Outobro - Oia
PROGRAMACIÓN ESPECTÁCULOS
O que pretendemos en Síntese é achegar a danza a todos os públicos, nun entorno diferente a un teatro. Poder acceder dun xeito máis cercano, e dar a posibilidade de abrir unha conversa entre público e artistas. Creamos un marco de confianza para poder compartir e comprender mellor ás creacións, inquedanzas e anhelos das artistas convidadas. Sen esquecer a contorna. Corpos no camiño: beleza, divesidade e territorio, é unha proposta cultural única na cidade de Vigo, que tamén terá unha extensión en Oia en outubro (data sen confirmar).

Sábado 26 de setembro
Museo Marco
19.00 Entre tú y yo. Andrés Corchero e Alejandra Balboa
19.30 Feelings / Janet Novás (Foto de Tristán Pérez Martín)
20.00 Cadencia / Documental de Virginia Rota
20.30 Conversa público con artistas
Entrada 22€

Sábado 3 de outubro
Museo do Mar de Galicia
18.00 Onde pousa humidade / Marcia Vázquez (Foto de Rubén Vilanova)
18.30 Temporary Pieces / Nermin Salepci
19.15 Conversa coas artistas
22€

Domingo 4 de outubro
Museo Marco
12.00 Voar /Larraitz Urruzola (Foto de Manuel Silva)
12.30 Pegada Fonda /Ana García e Emma Cruz
Estrea absoluta
13.00 conversa co público
11€

Sábado 10 de outubro
Museo Marco
19.30 one step +nvisible walls / Documentais de Pak Ndjamena
Conversas con Pak Ndjamena
Gratuito

Janet Novás
Museo Marco - Vigo
26 e 27 de setembro
de 11.00 a 13.00
84€
Abono 2 talleres Janet Novás + Pak Ndjamena / 145,60€

Elsa Pereira
Paseo de Bouzas
Deriva Senso-Sonora
3 de outubro
12.00 a 13.30
22€

Pak Ndjamena
Museo Marco - Vigo
Do 10 ao 11 de outubro
de 11.00 a 13.300 e de 17.30 a 19.00
94,50€
Abono 2 talleres Janet Novás + Pak Ndjamena / 145,60€

Cristina Ramallo
Danza en familia / El cuerpo que siente.
Deputación de Pontevedra - Vigo
9 de outubro
17:30 a 18:30
Gratuito
ACTIVIDADES PARALELAS CONVERSAS COS ARTISTAS
Conversa coas artistas conducida por Rita Alonso (Xornalista)

Janet Novás
Andrés Corchero
Alejandra Balboa
Museo Marco - Vigo
26 de setembro
20:00h

Tertulia con Puri Pérez Leirós
Paseo marítimo de Bouzas
3 de outubro
11:15h

Nermin Salepci
Marcia Vázquez
Museo do Mar de Galicia
3 de outubro
19:30 h

LARRAIZ URRUZOLA
ANA GARCÍA
EMMA CRUZ
Museo Marco - Vigo
4 de outubro
12:00 h

PAK NDJAMEMA
Museo Marco - Vigo
9 de outubro
20:00h
WOUTICK!
VENDA DE ENTRADAS
venda de entradas para os espactáculos, os talleres e a Deriva Senso-sonora
APOIA O FESTIVAL
Se non podes asistir o festival e queres apoialo

Unha cidade
conectada
co corpo artístico
Síntese (itinerante) é un festival de danza e performance que conecta o territorio cos cidadáns. Unha experiencia enriquecedora e transformadora.
O festival de danza e performance sintetiza o espazos comúns e tamén os sente.
A identidade dun lugar está inetrrelacionada coa ocupación dos corpos nos espazos públicos, na arquitectura que a define ao longo da sua propia historia. Pretendemos ocupar os lugares públicos desde unha perspectiva artística.
O festival está deseñado para combinar teatros e salas con espazos singulares, museos, edificios históricos, ou prazas para atraer e formar públicos.
O festival contará coa participación de propostas de danza e performance nacional e internacional. Coa intención xenuina de crear pontes entre Galicia e Portugal.


PATROCINIOS E COLABORACIÓNS

contacta
E-mail: pordanza@icloud.com

















